PORTAS HOXE nace como un novo medio de información local dedicado á actualidade do concello de Portas.
O obxectivo é achegar aos veciños información sobre o Concello, festas e eventos, deporte, medio ambiente, sucesos e todo aquilo que forme parte do día a día das parroquias de Briallos, Lantaño, Portas e Romai.
PORTAS HOXE quere ser tamén un espazo aberto á participación veciñal e ás asociacións do municipio.

Deixa unha resposta